Blogia

C.P.I. Laureano Prieto

CLUBE DE LECTURA II Concurso de relatos Carlos Caneiro

O CPI Laureano Prieto, a partir dunha iniciativa do seu clube de lectura "Círculo Vermello", o II Concurso de relato curto para escolares Carlos Caneiro, que contará coa participación do escritor verinés como presidente do xurado que elixa o relato gañador. Se queres consultar as bases podes facelo no arquivo adxunto. E se te animas a participar, moita sorte.

Bases do concurso 

RUTA LITERARIA EN ANDALUCÍA

RUTA LITERARIA EN ANDALUCÍA

O vindeiro mes de maio, os alumnos de 3º e 4º da E.S.O. viaxarán a Andalucía para experimentar “in situ” as emocións que levaron a catro escritores senlleiros da Xeración do 27 a escribir algúns dos máis fermosos versos de toda a Poesía Española.

A viaxe será financiada polo Ministerio de Educación, Política Social y Deporte no marco do programa “Rutas Literarias”. Este proxecto permitirá que alumnos de catro centros educativos galegos viaxen a diferentes cidades da xeografía española que foron berce dalgúns dos autores españois máis importantes.

Só un instituto por provincia terá a sorte de disfrutar dunha destas rutas, sendo o C.P.I. Laureano Prieto o gañador en Ourense, polo que iremos a Andalucía para realizar a chamada “Ruta Literaria Poetas del 27”, que describiremos nunha próxima entrada deste blog.

CLUBE DE LECTURA "Círulo Vermello" - "Manzanas Rojas"

Manzanas Rojas é unha obra teatral de Luis Matilla que trata o conflicto palestino-israelí centrándose na historia de dous rapaces, un deles xudeo e outro palestino. Esta lectura foi elexida nun momento do curso no que estaba de plena actualidade o conflicto debido aos ataques que estaba a levar a cabo o exército israelí sobre o territorio de Gaza.

Fixemos unha lectura dramatizada, en voz alta, turnándonos para poder ler todos aos distintos personaxes. Antes da lectura vimos un documental sobre o conflicto palestino-israelí para ter unhas nocións sobre o contexto real da obra.

CLUBE DE LECTURA O PRINCIPIÑO

O PRINCIPIÑO

Foi a primeira lectura do clube. Antes de lela, informámonos sobre o seu autor, vimos a historia en debuxos, visitamos opinións e pasaxes interesantes en internet publicados por outras persoas...

Sobre o libro, Sara, Bruno, Yesi, Magdalena e Paula opinan que lles pareceu moi entretido, interesante e que capta moi a atención do lector.

A última actividade consistiu en escoller frases que nos chamasen a atención. Algunhas desas frases foron:

"Ninguna persona mayor comprenderá jamás que tenga tanta importancia"

"Hay una flor, creo que me ha domesticado"

"Las personas mayores son muy extrañas"

"Si vienes, por ejemplo, a las cuatro de la tarde, comenzaré a ser feliz desde las tres"

"Si alguien que ama a una flor de la que no existe más que un ejemplar entre los millones y millones de estrellas, es bastante para que sea feliz cuando mira a las estrellas"

"He aquí un secreto. Es muy simple: no se ve bien con el corazón. Lo esencial es invisible a los ojos"

"El tiempo que perdiste por tu rosa hace que tu rosa sea importante"

 

 

CLUBE DE LECTURA "CÍRCULO VERMELLO"

Ahí van algunhas opinións de membros do clube de lectura:

- O Clube de lectura parécenos moi interesante porque se len libros que conteñen frases de enseñanza, e á vez é divertido porque nos reunimos todos e facemos actividades de comprensión

- A min, esto do clube de lectura paréceme unha boa actividade. Nel lemos e melloramos a lectura. tamén, cos diferenteds libros podemos aprender cousas sobre distintas culturas e persoas (Santi, 3ºESO)

- A nós gústanos a proposta actual de ler libros en conxunto no clube de lectura "Círculo Vermello". É dicir, esperamos que o próximo libro que vaiamos ler sexa enroiado, atractivo e, á súa vez, que nos guste (Paco, Brais, Txapas, Dillan.

 

CONTACONTOS EN INFANTIL

CONTACONTOS EN INFANTIL

Ao longo deste curso, os alumnos de Secundaria que se ofreceron voluntarios realizan esta actividade cos alumnos de infantil todos os martes e xoves durante 30 minutos nas clases da tarde.

SAN VALENTÍN NO NOSO CENTRO

 O martes,17 de febreiro,entregáronse os premios correspondentes ao concurso de " Cartas e poemas de amor" que se celebra todos os anos por estas datas entre os alumnos de E.S.O. do centro.

 O primeiro premio concedeuselle á carta de Robin Fernández de 3º E.S.O.:

¿Por qué se me ocurrió quererte?

Por qué se me ocurrió quererte es la pregunta que me hago cada vez que te veo o escucho tu nombre. Yo siempre soñé con ser el agua de tu vaso, la sombra de tu cuerpo, el pañuelo de tu tristeza, hasta que un día fui eso y mucho más. Siempre supe que algún día le iba a cobrar a tus labios tus miradas, esas miradas que me lanzabas cada vez que pasaba por tu lado. Antes de conocerte, yo iba de flor en flor, me daba igual rubias que morenas, picaba en todas las chicas hasta que empecé a salir contigo.

Empezamos a salir y todo iba muy bien, estaba a gusto a tu lado y nunca se me había pasado por la cabeza que me pudiera colar por una chica... pero como ya se sabe, todo lo bueno tiene un final. Yo no quería estar con una chica que desconfiara de mí e hiciera caso a rumores de la gente, por eso decidimos romper lo nuestro. A los dos días me arrepentí de dejarlo, me sentía solo por no tenerte a mi lado, aunque otros besos intentaron curarme no te pude olvidar, que fácil fué quererte y que difícil me resultaba olvidarte.

Pasaron los meses y yo volví a ser un Casanova, ya sabes, a picar en todas las chicas hasta que te volviste a cruzar en mi camino. La primera noche estuvimos hablando de cómo nos iban nuestras vidas, mientras hablábamos mis amigos me decían con gestos que me lanzara pero no sabía cómo, y lo más importante, no sabía si tu querías, pero al final tú te lanzaste y volvimos a rozar nuestros labios. No sólo esa noche pudimos volver a recordar los viejos tiempos... pero había una cosa que me daba miedo, tenía miedo de volver a sufrir por tí y siempre se me venía a la cabeza esta frase: "El hombre, es el único animal que tropieza dos veces con la misma piedra". Pero a mí siempre me gustó el riesgo y arriesgar...

Arriesgar a veces puede ser muy peligroso, pero en mi caso el riesgo fue mi aliado y ahora volvemos a estar juntos.

 

 Posteriormente,continuouse coa lectura de poemas e cartas de amor do resto dos participantes.

DÍA DA PAZ 2009

MURALES DIA DE LA PAZ-1

Publish at Scribd or explore others: Academic Work dias especiales edu

Visita ao albergue de A Gudiña

Visita ao albergue de A Gudiña

O pasado 5 de novembro os alumnos de 1º de ESO visitaron o albergue de A Gudiña, dentro das actividades do Proxecto Interdisciplinar, que este ano trata sobre "O camiño de Santiago".

O albergue do noso concello é o primeiro que atopa o peregrino cando entra en Galicia pola Vía da Prata. É pequeno (20 prazas) pero moi ben acondicionado: calefacción, cociña, internet,etc.

Bea, a encargada do albergue, explicounos as normas de funcionamento e amosounos as instalacións; o  que máis nos chamou a atención foi o libro de visitas que tiña comentarios de peregrinos de países tan lonxanos coma o Xapón ou Canadá.

 

Celebración do Samaín

Celebración do Samaín

Co motivo da celebración do Samaín, o venres 31 de outubro, os alumnos de Primaria fixeron unha festa temática con disfraces, cabazas decoradas e xogos variados. En Secundaria, o martes 4 de novembro, na hora do Proxecto Lector levouse a termo unha sesión de contacontos de medo ambientada con velas e cabazas decoradas polos alumnos de Primaria.

 

Benvidos ao novo curso escolar

Comeza o novo curso escolar 2008-2009. Con el chegaron ó centro novos profesores, alumnos e tamén moitas ganas de traballar sen esquecer divertirnos.

Como novidades, este ano imos levar a cabo o Proxecto Lector con xornadas de lectura nas tardes dos martes e xoves, e sesión de estudo os venres. O obxectivo principal é fomentar o hábito da lectura e descubrir o gusto pola mesma.

Tamén, este ano procurarase ter actualizado o blog respecto das actividades que se leven a cabo no centro (fotos, comentarios, artigos de interese...).

¡¡ ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR NO BLOG DO CENTRO !!

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Dende 1972, ano en que tivo lugar a primeira Conferencia da Organización das Nacións Unidas sobre o Medio Ambiente en Estocolmo (Suecia), o 5 de xuño de cada ano celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente para tratar de sensibilizar a poboación sobre a importancia de conservar o medio e tomar conciencia das repercusións que sobre o mesmo teñen as actividades humanas.

 Para medir o impacto do noso estilo de vida sobre o planeta podemos calcular a  "PEGADA ECOLÓXICA", que consiste nunha estimación da superficie que sería precisa para poder producir todos os recursos necesarios e para absorber os residuos xerados se toda a poboación mundial lévase o mesmo estilo de vida que nós. Calcula a túa "pegada ecolóxica" neste enlace e sorpréndete a ti mesmo.

Unha vez calculada a "pegada ecolóxica" serás máis consciente de que o noso estilo de vida é incompatible coa conservación da Terra. Aquí tes unha serie de cousas que podes facer para para protexer ao paneta:

  • Trata de aforrar enerxía, non deixes as luces acesas se non hai ninguén na habitación, utiliza o transposte público ou realiza os traxectos curtos en bicicleta ou a pé.
  • Non deixes correr a auga inutilmente nos baños mentres esteas lavando os dentes ou fregando a louza.
  • Separa o lixo que se produce na casa en varias bolsas e mete cada unha no contenedor axeitado.
  • Non poñes a lavadora a media carga, espera a que estea completa.
  • Procura levar o teu capazo ou unha bolsa de tea á compra para non ter que utilizar tantas bolsas de plástico.
  • Utiliza papel reciclado e leva o papel unha vez empregado ao contenedor azul.

 

EXCURSIÓN AO INVERNADEIRO

EXCURSIÓN AO INVERNADEIRO

Os días dous e tres de abril os alumnos dos primeiro ciclo da E.S.O. realizaron unha visita ao Parque Natural do Invernadeiro.

O Parque Natural Montes de Invernadeiro atópase situado no concello de Vilariño de Conso, ao leste da Provincia de Ourense.

O Invernadeiro é un parque de montaña que forma parte do denominado Macizo Central Ourensán, cunha cota de altitude superior a preto de 1600 m na proximidade do Alto do Seixo.

O día da nosa chegada, tras percorrer os doce quilómetros que separan a Ribeira Grande da Ribeira Pequena e facer unha pausa para o xantar, realizamos unha ruta durante a cal puidemos observar, coa axuda de prismáticos, varios exemplares de rebecos e de cabra montesa.

Xa pola noite e unha vez curadas as numerosas bochas que poblaban os pés dos rapaces e rapazas, adicámonos á observación do ceo que resultou un espectáculo inmellorable gracias ás boas condicións atmosféricas e ás características do lugar.

O segundo día, xusto despois do almorzo, un grupo de corzos e unha marta decidiron facernos unha visita no cercado que se atopa diante das instalacións. Logo fixemos unha visita ao criadeiro de troitas e a denominada Ruta da Auga que transcorre entre a Ribeira Grande e o cercado dos corzos.

Foi unha estancia moi agradable e divertida para todos durante a que puidemos coñecer mellor algúns dos valores naturais do noso contorno.

 

PRESENTACIÓN

Benvidos ao noso blog!!!

Este é o blog do C.P.I. Laureano Prieto de A Gudiña.

Para situarvos decir que o noso centro está nun entorno rural, no surleste da provincia de Ourense, limítrofe con Castela-León e Portugal.

No centro impártese Educación Infantil. Primaria e Secundaria, sendo un total de 130 alumnos aproximadamente.

Os profesores deste centro queremos que este blog sexa un lugar de encontro das diferentes actividades que levaremos a cabo, as novidades que se vaian producindo e que todo o mundo poida comentar, opinar e suxerir.