Benvidos ao novo curso escolar
Comeza o novo curso escolar 2008-2009. Con el chegaron ó centro novos profesores, alumnos e tamén moitas ganas de traballar sen esquecer divertirnos.
Como novidades, este ano imos levar a cabo o Proxecto Lector con xornadas de lectura nas tardes dos martes e xoves, e sesión de estudo os venres. O obxectivo principal é fomentar o hábito da lectura e descubrir o gusto pola mesma.
Tamén, este ano procurarase ter actualizado o blog respecto das actividades que se leven a cabo no centro (fotos, comentarios, artigos de interese...).
¡¡ ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR NO BLOG DO CENTRO !!
0 comentarios