Visita ao albergue de A Gudiña

O pasado 5 de novembro os alumnos de 1º de ESO visitaron o albergue de A Gudiña, dentro das actividades do Proxecto Interdisciplinar, que este ano trata sobre "O camiño de Santiago".
O albergue do noso concello é o primeiro que atopa o peregrino cando entra en Galicia pola Vía da Prata. É pequeno (20 prazas) pero moi ben acondicionado: calefacción, cociña, internet,etc.
Bea, a encargada do albergue, explicounos as normas de funcionamento e amosounos as instalacións; o que máis nos chamou a atención foi o libro de visitas que tiña comentarios de peregrinos de países tan lonxanos coma o Xapón ou Canadá.
6 comentarios
lorena e alba -
ANONIMO -
XXX -
ANONIMO -
Rosa -
sara 1º eso -