DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE
Dende 1972, ano en que tivo lugar a primeira Conferencia da Organización das Nacións Unidas sobre o Medio Ambiente en Estocolmo (Suecia), o 5 de xuño de cada ano celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente para tratar de sensibilizar a poboación sobre a importancia de conservar o medio e tomar conciencia das repercusións que sobre o mesmo teñen as actividades humanas.
Para medir o impacto do noso estilo de vida sobre o planeta podemos calcular a "PEGADA ECOLÓXICA", que consiste nunha estimación da superficie que sería precisa para poder producir todos os recursos necesarios e para absorber os residuos xerados se toda a poboación mundial lévase o mesmo estilo de vida que nós. Calcula a túa "pegada ecolóxica" neste enlace e sorpréndete a ti mesmo.
Unha vez calculada a "pegada ecolóxica" serás máis consciente de que o noso estilo de vida é incompatible coa conservación da Terra. Aquí tes unha serie de cousas que podes facer para para protexer ao paneta:
- Trata de aforrar enerxía, non deixes as luces acesas se non hai ninguén na habitación, utiliza o transposte público ou realiza os traxectos curtos en bicicleta ou a pé.
- Non deixes correr a auga inutilmente nos baños mentres esteas lavando os dentes ou fregando a louza.
- Separa o lixo que se produce na casa en varias bolsas e mete cada unha no contenedor axeitado.
- Non poñes a lavadora a media carga, espera a que estea completa.
- Procura levar o teu capazo ou unha bolsa de tea á compra para non ter que utilizar tantas bolsas de plástico.
- Utiliza papel reciclado e leva o papel unha vez empregado ao contenedor azul.
0 comentarios