Blogia
C.P.I. Laureano Prieto

CLUBE DE LECTURA "Círulo Vermello" - "Manzanas Rojas"

Manzanas Rojas é unha obra teatral de Luis Matilla que trata o conflicto palestino-israelí centrándose na historia de dous rapaces, un deles xudeo e outro palestino. Esta lectura foi elexida nun momento do curso no que estaba de plena actualidade o conflicto debido aos ataques que estaba a levar a cabo o exército israelí sobre o territorio de Gaza.

Fixemos unha lectura dramatizada, en voz alta, turnándonos para poder ler todos aos distintos personaxes. Antes da lectura vimos un documental sobre o conflicto palestino-israelí para ter unhas nocións sobre o contexto real da obra.

0 comentarios