Blogia
C.P.I. Laureano Prieto

EXCURSIÓN AO INVERNADEIRO

EXCURSIÓN AO INVERNADEIRO

Os días dous e tres de abril os alumnos dos primeiro ciclo da E.S.O. realizaron unha visita ao Parque Natural do Invernadeiro.

O Parque Natural Montes de Invernadeiro atópase situado no concello de Vilariño de Conso, ao leste da Provincia de Ourense.

O Invernadeiro é un parque de montaña que forma parte do denominado Macizo Central Ourensán, cunha cota de altitude superior a preto de 1600 m na proximidade do Alto do Seixo.

O día da nosa chegada, tras percorrer os doce quilómetros que separan a Ribeira Grande da Ribeira Pequena e facer unha pausa para o xantar, realizamos unha ruta durante a cal puidemos observar, coa axuda de prismáticos, varios exemplares de rebecos e de cabra montesa.

Xa pola noite e unha vez curadas as numerosas bochas que poblaban os pés dos rapaces e rapazas, adicámonos á observación do ceo que resultou un espectáculo inmellorable gracias ás boas condicións atmosféricas e ás características do lugar.

O segundo día, xusto despois do almorzo, un grupo de corzos e unha marta decidiron facernos unha visita no cercado que se atopa diante das instalacións. Logo fixemos unha visita ao criadeiro de troitas e a denominada Ruta da Auga que transcorre entre a Ribeira Grande e o cercado dos corzos.

Foi unha estancia moi agradable e divertida para todos durante a que puidemos coñecer mellor algúns dos valores naturais do noso contorno.

 

10 comentarios

aida -

ola!paseino moi ben na excursion do albergue foi unha pocholada!!!canme moi ben os meus compañeiros e gustariame ir a outra excursion con eles bikiños pa todos en especial po fran de primeiro e pa todos en concreto rapazes

vane-martinez e rosa -

ola!!!!!!!!!!pasámolo moi ben nesa escursión esperamos que bolba aber unha asi jeje!!!moitos bikiños pa todos

noelia fernandez e rosa -

pasamolo moi bn nesta excursion aver se facedes mais asi!!!

MARIA -

a min non me gustou nada esta excursion x qe ali estaba cagadiña de medo x la santa compaña qe asta me mexei na cama!!!!!!!!suerte qe me axudou a sara.bks

maria e aida -

a excursion o invernadoiro foi chulisima e encantarianos volver a ir e odo albergue foi un aburrimiento moitos bks pa tos!

Elisa -

haber cando subides fotos dos antigos alumnos de 4º..
botase moito de menos o colexio e sobre todo alguns profesores!saudos a bea( as mates contigo eran faciles pero agora.....)a maite, maría...en fin a todos
un saudo

nando -

foi unha excursion no que mo pasei moi ben, e na que aprendimos moito.

manu -

ir ao invernadeiro foi unha experiencia inolvidablepara min e, penso eu que para todolos que fomos ¡TIÑAN QUE FACER MAIS EXCURSIONS ASI

robin -

A excursion foi moi divertida,aprendimos moito e pasamolo ben.O malo e que tivemos que andar moito...pero pasamolo moi ben

Anónimo -

Según os meus compañeiros pasárono moi ben e foi un excursió moi divertida