Blogia
C.P.I. Laureano Prieto

Actividades

RUTA LITERARIA EN ANDALUCÍA

RUTA LITERARIA EN ANDALUCÍA

O vindeiro mes de maio, os alumnos de 3º e 4º da E.S.O. viaxarán a Andalucía para experimentar “in situ” as emocións que levaron a catro escritores senlleiros da Xeración do 27 a escribir algúns dos máis fermosos versos de toda a Poesía Española.

A viaxe será financiada polo Ministerio de Educación, Política Social y Deporte no marco do programa “Rutas Literarias”. Este proxecto permitirá que alumnos de catro centros educativos galegos viaxen a diferentes cidades da xeografía española que foron berce dalgúns dos autores españois máis importantes.

Só un instituto por provincia terá a sorte de disfrutar dunha destas rutas, sendo o C.P.I. Laureano Prieto o gañador en Ourense, polo que iremos a Andalucía para realizar a chamada “Ruta Literaria Poetas del 27”, que describiremos nunha próxima entrada deste blog.

DÍA DA PAZ 2009

MURALES DIA DE LA PAZ-1

Publish at Scribd or explore others: Academic Work dias especiales edu

EXCURSIÓN AO INVERNADEIRO

EXCURSIÓN AO INVERNADEIRO

Os días dous e tres de abril os alumnos dos primeiro ciclo da E.S.O. realizaron unha visita ao Parque Natural do Invernadeiro.

O Parque Natural Montes de Invernadeiro atópase situado no concello de Vilariño de Conso, ao leste da Provincia de Ourense.

O Invernadeiro é un parque de montaña que forma parte do denominado Macizo Central Ourensán, cunha cota de altitude superior a preto de 1600 m na proximidade do Alto do Seixo.

O día da nosa chegada, tras percorrer os doce quilómetros que separan a Ribeira Grande da Ribeira Pequena e facer unha pausa para o xantar, realizamos unha ruta durante a cal puidemos observar, coa axuda de prismáticos, varios exemplares de rebecos e de cabra montesa.

Xa pola noite e unha vez curadas as numerosas bochas que poblaban os pés dos rapaces e rapazas, adicámonos á observación do ceo que resultou un espectáculo inmellorable gracias ás boas condicións atmosféricas e ás características do lugar.

O segundo día, xusto despois do almorzo, un grupo de corzos e unha marta decidiron facernos unha visita no cercado que se atopa diante das instalacións. Logo fixemos unha visita ao criadeiro de troitas e a denominada Ruta da Auga que transcorre entre a Ribeira Grande e o cercado dos corzos.

Foi unha estancia moi agradable e divertida para todos durante a que puidemos coñecer mellor algúns dos valores naturais do noso contorno.