Blogia

C.P.I. Laureano Prieto

PROXECTOS TECNOLOXÍA XUÑO 2009

PROXECTOS TECNOLOXÍA XUÑO 2009

Por fin...acabouse o curso escolar e tamén os proxectos de Tecnoloxía.

Case todos quedaron ben, pero algúns alumnos aínda terán que esforzarse un pouco máis para setembro, no que ás memorias se refire.

Esta é unha foto de todos os proxectos, pero se queres velos mellor pincha nestes enlaces para ver o vídeo:

Proxecto 2º ESO: "Quad electromecánico"

Proxecto 3º ESO: "Coche rebote"

Proxecto 3º ESO PDC: "Coche rebote"

Proxecto 4º ESO: "A ponte elevadiza"

O NOSO ÁLBUM DE FOTOS!

 

Para non esquecer a nosa particular viaxe literaria...dalle volumen aos altavoces  do teu ordenador e disfruta...

POESÍA E AMIZADE

POESÍA E AMIZADE

Xa de volta a casa, son moitas as sensacións e imaxes que nos recordan o ben que o pasamos durante toda esta semana. Rimos, cantamos, choramos, recitamos, bailamos, interpretamos...e sobre todo fixemos bos amigos! Os alumnos e profesores do IES Miguel de Unamuno, Sansomendi de Victoria foron os nosos mellores compañeiros de aventura e desde A Gudiña queremos mandarlle unha aperta enorme.

 Vémonos pronto!

RUMBO A ANDALUCIA...

RUMBO A ANDALUCIA...

E por fin chegou o día! Hoxe 17 de maio marcharemos de A Gudiña ben cedo para emprender rumbo nunha viaxe moi diferente... Agárdannos Sevilla, Puerto de Santa María, Málaga e Granada, e nestas cidades  espérannos  un anfitrións de luxo: Cernuda, Alberti, Aleixandre e Lorca!

Esta viaxe é unha oportunidade única para comprobar "in situ" que a literatura é unha fonte inestimable de información social, cultural e histórica.

Para os docentes, esta experiencia, supón o reto de ensinar lonxe do ámbito escolar, dar clase, sen estar "en clase", crear un ambiente plenamente educativo estando fóra do plano escolar, somerxerse enteiramente na materia e estudar e aprender da experiencia "cos cinco sentidos".

Dende o Departamento de Lingua Castelá e Literatura o noso empeño pasa por evitar que queden sen coñecer, valorar e mesmo amar un universo tan rico como é o da Literatura. Queremos que se enriquezan e se acheguen á poesía, ao  teatro e ás narracións. A "Ruta Literaria da Xeración do 27" axudaranos a coñecer os sentimentos, vivencias, anhelos e tristuras duns poetas que marcaron unha época literaria, lonxe da frialdade dos libros de texto.

Boa viaxe!

Pincha aquí para ver a nosa presentación.

PROXECTOS DE TECNOLOXÍA

Durante os meses de maio e xuño os alumnos de ESO realizarán os proxectos de tecnoloxía, obrigatorios para aprobar a asignatura.

Os alumnos de 2º ESO elaborarán un "Quad electromecánico", os de 3º ESO e PDC fabricarán un "coche rebote" e os de 4º construirán unha "ponte levadiza".

Para realizar estes proxectos, axudarémonos das maquetas facilitadas por "traditecno" e "micro-log"  

Cando finalicen, os mellores proxectos colgarémolos no blog.

magda y jesi en el club de lectura

Nosotras dos (magda y jesi) lo estamos pasando muy  bien en el club de lectura.Nos parece un proyecto muy interesante,leyendo los libros todos juntos en voz alta.Estamos muy contentas de participar en el club y nos gustaria poder seguir siempre con esta actividad tan divertida que nos propuso el centro, damos gracias a ellos por hacernos sentir mejor.muchas gracias.

tamara e isa no club de lectura

O club de lectura parecenos unha voa idea para os alumnos.

Pasamolo moi ben todos xuntos,e fixemos moitas actividades divertidas.

Lemos moitos libros(O principiño,Manzanas rojas...)

Limos contos doutros rapaces de varios colexios que formaban parte do concurso de Carlos Caneiro que foi organizado polo CPI Laureano Prieto.

Uns destes contos son:Atlantico(que foi o gañador),Relatos de patxi,Bagoas de sangue,Bagoas de iraide,Pisicoanalise do asesino...

Fomos ver a película Del niño con el pijama de rayas.

xa nos despedimos chao

A miña opinión sobre o club de lectura

Este clube pareceume moi ben, porque a xente así anímase a ler facendo actividades moi chulas como comentar os libros entre todos ou ser o xurado de concursos. Lemos o libro "O principiño" e "Manzanas Rojas" entre todos e faciamos comentarios en grupo. A veces tamén vimos documentales sobre os libros que lemos. Tamén fixemos excursións como ir ó cine a ver a película "El niño con el pijama de rayas". Cando limos o libro de "O principiño" fixemos unhas frases do que mais nos gustou dese libro. Gustounos moito o club de lectura e esperamos que para o ano que ven volva a facerse para apuntarnos.

Experiencia no club lector

 Leimos o principiño e logo fíxemos unha frases sobre o libro pareceunos moy boa porque eu desde ese momento gustoume a lectura.Ao acabar de ler o principiño limos Manzanas Rojas que era unha obra que interpretamos nos acabamos de ler ese libro lemos uns relatos curtos que tivemos que opinar e por unha puntuación para saber quen ganara veu Carlos Caneiro co ganador é alguns parcipantes.

o club de lectura de este ano

O que mais nos gustou foi cando veu  Carlos Caneiro a dar os premios.O que non nos gustou foicando limos o principiño.Este ano foi moi moi divertido pero a metade da xente non leeron todos os libros pero este ano pasamolo mellor porque este ano eramos mais ca o ano pasado.Tamén fixemos uns relatos dos rapaces de outro colexo e estaban moi ben.Tamén fixeron ven en por o club de lectura porque a xente leen moito mais que antes.

A nosa experiencia no clube de lectura.

O clube de lectura círculo vermello foi unha actividade moi instructiva porque fixemos moitas actividades variadas. Unha delas foi ler o libro 'manzanas rojas' que trataba de dous nenos de diferentes razas, e outra actividade foi ser xurado do  concurso que organizamos no colexio de Xose Carlos Caneiro.

Pasámolo moi ben e disfrutamos moito.

CLUBE DE LECTURA - ENTREGA PREMIOS I I CONCURSO "CARLOS CANEIRO"

O pasado 28 de abril celebrouse o acto de entrega de premios do II concurso de relato "Carlos Caneiro" convocado polo noso clube de lectura.

Ó acto acudiu o escritor Carlos Caneiro. O relato gañador foi "Atlántico, escrito por Beatriz Rodríguez, alumna de 1º de Bacharelato do IES Blanco Amor, de Ourense. O segundo premio foi para o relato "Sorte aos 30", de Manuel Fernández, alumno de 3º ESO do CPI Tomás de Lemos, de Ribadavia.

O acto apareceu recollido uns días despois na Voz de Galicia, tal como podedes ver na foto.

FASE COMARCAL ESCOLAR FÚTBOL SALA

FASE COMARCAL ESCOLAR FÚTBOL SALA

O pasado día 2 de Abril unha representación da nosa escola desplazouse ata a localidade de Viana do Bolo para disputar a Fase Comarcal Escolar de Futbol Sala.

Celebráronse dous encontros, por unha banda o partido oficial entre rapaces nados nos anos 95 e 96, e un partido amigable entre os rapaces do 94 e 93. Os Departamentos de Educación Física de ambos centros cremos oportuno que, xa que nos desplazamos ata a debandita vila para disputar un encontro de carácter oficial, podiamos darlle a oportunidade os máis maiores de participar tamén na actividade. Sobre todo destacar o bo ambiente e a deportividade da totalidade dos xogadores, así coma o bo espectaculo do que puidemos disfrutar. Boa mostra delo, é que a arbitraxe correu a cargo dos rapaces de Viana e tuveron unha actuación impecable.  

Os resultados foron os seguintes:

1º CICLO -------  VIANA 3 - A GUDIÑA 7

2º CICLO -------  VIANA 3 - A GUDIÑA 1

LETRAS GALEGAS 2009: RAMÓN PIÑEIRO

LETRAS GALEGAS  2009: RAMÓN PIÑEIRO

Con motivo da conmemoración da semana das Letras Galegas 2009,
convócase un certame de relatos curtos para o alumnado de Educación
Secundaria do CPI Laureano Prieto, con dúas modalidades: Primeiro Ciclo
de ESO e Segundo Ciclo de ESO.

O concurso rexerase polas seguintes bases:
1- O relato será orixinal, de temática e estilo libre, estará escrito en
galego e terá unha extensión mínima de un folio por unha  cara e unha
extensión máxima de tres folios, podéndose  realizar a man ou
mecanografados.

2- O traballo entregaráselle ao Profesor/a de Lingua Galega do grupo correspondente.

3- O xurado estará formado por profesorado do centro.

4- O prazo de presentación de traballos remata o luns 11 de maio.

5- Establécense os seguintes premios:

 Modalidade A: Primeiro Ciclo de ESO

          - 1º Premio: Camiseta con logotipos ou lemas referidos á cultura galega

          - 2º Premio: Lote de libros

          - 3º Premio: Estoxo para gardar teléfono.

Modalidade B: Segundo Ciclo de ESO

          - 1º Premio: Camiseta con logotipos ou lemas  referidos á cultura galega.

          - 2º Premio: Lote de libros.

          - 3º Premio: Estoxo para gardar teléfono.

Calendario de actividades da ruta literaria

Calendario de actividades da ruta literaria

Xa queda moi pouquiño tempo para que desfrutemos, por fin, da Ruta Literaria Xeración do 27. A continuación podedes consultar o calendario de actividades previstas para a visita:

 

 DOMINGO

17:00 -18:00 Chegada e aloxamento na Instalación Xuvenil de Sevilla

18:00  Encontro e cea cos alumnos do I.E.S. Miguel de Unamuno

LUNS (Cernuda)

Almorzo

10:00 Paseo literario pola Sevilla de Luis Cernuda

14:00 Comida na Instalación Xuvenil de Sevilla

16:00 Visita á catedral

18.00 encontro con poetas no Ateneo de Sevilla

Cea e aloxamento na Instalación Xuvenil de Sevilla

MARTES (Alberti)

Almorzo

9:00 Saída cara o Porto de Santa María

11:00 Visita á Fundación Rafael Alberti

14:00 Comida picnic

16.00 Obradoiro “Perdidos en la Arboleda

Regreso a Sevilla, cea e aloxamento na Instalación Xuvenil

MIÉRCORES (Aleixandre)

Almorzo e recollida de equipaxe

9:00 Saída cara Málaga

12:00 Visita ó Centro Cultural da Xeración do 27

14:30 Comida na Instalación Xuvenil de Málaga

16:00 Obradoiro literario “La Generación olvidada “

Saída cara Granada e chegada á Instalación Xuvenil Víznar

Aloxamento e ce ana devandita instalación

XOVES (Lorca)

Almorzo

10:00 Visita á casa museo de Federico García Lorca de Fuentevaqueros

12:00 Finca de Valderrubio

14:00 Comida na Instalación Xuvenil de Granada

17:00 Visita ó Barranco de Víznar

Obradoiro LITERARIO “Encontrando a un Poeta”

Cea e aloxamento na Instalación Xuvenil de Víznar

VENRES (Lorca)

Almorzo

10:00 Visita a lugares lorquianos

14:00 Comida na Instalación Xuvenil de Granada

17.00 Visita á Alhambra

Cea e aloxamento na Instalación Xuvenil de Víznar

SÁBADO

Almorzo, recollida de equipaxes e bolsa de picnic para a viaxe

Regreso á Gudiña

O NOSO CARTEL DO DÍA DO LIBRO

O NOSO CARTEL DO DÍA DO LIBRO

Dende o noso CPI pretendemos fomentar a lectura celebrando o día do libro con diversas actividades. Unha delas foi organizar un concurso de carteis para conmemorar este día.

 Este concurso gañouno Manuel Vicente Matías de 3º da ESO, co seguinte cartel.

23 DE ABRIL, DÍA MUNDIAL DO LIBRO

23 DE ABRIL, DÍA MUNDIAL DO LIBRO

AS MOCHILAS VIAXEIRAS

AS MOCHILAS VIAXEIRAS

Durante as dúas avaliacións anteriores estivemos levando a cabo a actividade de "AS MOCHILAS VIAXEIRAS". Dámoslle aos alumnos unha mochila con libros, revistas, DVDs, etc, que eles mesmos elixen. Ademais engadimos un diario, no que pais e alumnos poden facer as críticas e comentarios que lles parezan oportunos.

O noso obxectivo é que pais e alumnos poidan estar xuntos utilizando este material. Ademais cremos que é unha boa maneira de que os pais coñezan a dotación da nosa biblioteca.

Esta actividade, que seguiremos realizando na terceira avaliación, tivo moito éxito, de feito algúns pais están interesados en coñecer máis da biblioteca e incluso en utilizala tamén eles. Para eso solicitaron facerse socios desta. 

II concurso de carteis

II concurso de carteis

 

Convócase un ano máis o concurso de carteis para promocionar o Día do Libro no noso centro. Animádevos a participar, e demostrade todo o arte que levades dentro.

 

As bases do concurso son as seguintes:

 

1. Poderase presentar calquera alumno de E.S.O.  e Primaria do CPI Laureano Prieto.

2. Presentarase un só traballo por alumno en tamaño A4 ou A3.

3. No cartel deben constar as inscricións “Biblioteca CPI Laureano Prieto” e “23 de Abril, Día do Libro”.

4. Póderanse entregar os traballos ata o día 15 de abril.

5. O xurado estará composto por profesores do centro e o seu veredicto será inapelable.

6. O cartel gañador será utilizado para promocionar o Día do Libro no centro e na páxina web, e o seu autor recibirá un agasallo sorpresa.