RUMBO A ANDALUCIA...

E por fin chegou o día! Hoxe 17 de maio marcharemos de A Gudiña ben cedo para emprender rumbo nunha viaxe moi diferente... Agárdannos Sevilla, Puerto de Santa María, Málaga e Granada, e nestas cidades espérannos un anfitrións de luxo: Cernuda, Alberti, Aleixandre e Lorca!
Esta viaxe é unha oportunidade única para comprobar "in situ" que a literatura é unha fonte inestimable de información social, cultural e histórica.
Para os docentes, esta experiencia, supón o reto de ensinar lonxe do ámbito escolar, dar clase, sen estar "en clase", crear un ambiente plenamente educativo estando fóra do plano escolar, somerxerse enteiramente na materia e estudar e aprender da experiencia "cos cinco sentidos".
Dende o Departamento de Lingua Castelá e Literatura o noso empeño pasa por evitar que queden sen coñecer, valorar e mesmo amar un universo tan rico como é o da Literatura. Queremos que se enriquezan e se acheguen á poesía, ao teatro e ás narracións. A "Ruta Literaria da Xeración do 27" axudaranos a coñecer os sentimentos, vivencias, anhelos e tristuras duns poetas que marcaron unha época literaria, lonxe da frialdade dos libros de texto.
Boa viaxe!
Pincha aquí para ver a nosa presentación.
0 comentarios