Blogia
C.P.I. Laureano Prieto

Calendario de actividades da ruta literaria

Calendario de actividades da ruta literaria

Xa queda moi pouquiño tempo para que desfrutemos, por fin, da Ruta Literaria Xeración do 27. A continuación podedes consultar o calendario de actividades previstas para a visita:

 

 DOMINGO

17:00 -18:00 Chegada e aloxamento na Instalación Xuvenil de Sevilla

18:00  Encontro e cea cos alumnos do I.E.S. Miguel de Unamuno

LUNS (Cernuda)

Almorzo

10:00 Paseo literario pola Sevilla de Luis Cernuda

14:00 Comida na Instalación Xuvenil de Sevilla

16:00 Visita á catedral

18.00 encontro con poetas no Ateneo de Sevilla

Cea e aloxamento na Instalación Xuvenil de Sevilla

MARTES (Alberti)

Almorzo

9:00 Saída cara o Porto de Santa María

11:00 Visita á Fundación Rafael Alberti

14:00 Comida picnic

16.00 Obradoiro “Perdidos en la Arboleda

Regreso a Sevilla, cea e aloxamento na Instalación Xuvenil

MIÉRCORES (Aleixandre)

Almorzo e recollida de equipaxe

9:00 Saída cara Málaga

12:00 Visita ó Centro Cultural da Xeración do 27

14:30 Comida na Instalación Xuvenil de Málaga

16:00 Obradoiro literario “La Generación olvidada “

Saída cara Granada e chegada á Instalación Xuvenil Víznar

Aloxamento e ce ana devandita instalación

XOVES (Lorca)

Almorzo

10:00 Visita á casa museo de Federico García Lorca de Fuentevaqueros

12:00 Finca de Valderrubio

14:00 Comida na Instalación Xuvenil de Granada

17:00 Visita ó Barranco de Víznar

Obradoiro LITERARIO “Encontrando a un Poeta”

Cea e aloxamento na Instalación Xuvenil de Víznar

VENRES (Lorca)

Almorzo

10:00 Visita a lugares lorquianos

14:00 Comida na Instalación Xuvenil de Granada

17.00 Visita á Alhambra

Cea e aloxamento na Instalación Xuvenil de Víznar

SÁBADO

Almorzo, recollida de equipaxes e bolsa de picnic para a viaxe

Regreso á Gudiña

1 comentario

Anónimo -

Alégrome moito de que lle tocara a Ruta Literaria e espero que disfruten moito dela. Aproveito para darlle a noraboa a María José polo seu traballo para conseguila.