II concurso de carteis

Convócase un ano máis o concurso de carteis para promocionar o Día do Libro no noso centro. Animádevos a participar, e demostrade todo o arte que levades dentro.
As bases do concurso son as seguintes:
1. Poderase presentar calquera alumno de E.S.O. e Primaria do CPI Laureano Prieto.
2. Presentarase un só traballo por alumno en tamaño A4 ou A3.
3. No cartel deben constar as inscricións “Biblioteca CPI Laureano Prieto” e “23 de Abril, Día do Libro”.
4. Póderanse entregar os traballos ata o día 15 de abril.
5. O xurado estará composto por profesores do centro e o seu veredicto será inapelable.
6. O cartel gañador será utilizado para promocionar o Día do Libro no centro e na páxina web, e o seu autor recibirá un agasallo sorpresa.
0 comentarios