LETRAS GALEGAS 2009: RAMÓN PIÑEIRO
								
				
				Con motivo da conmemoración da semana das Letras Galegas 2009,
convócase un certame de relatos curtos para o alumnado de Educación
Secundaria do CPI Laureano Prieto, con dúas modalidades: Primeiro Ciclo
de ESO e Segundo Ciclo de ESO.
O concurso rexerase polas seguintes bases:
1- O relato será orixinal, de temática e estilo libre, estará escrito en
galego e terá unha extensión mínima de un folio por unha  cara e unha
extensión máxima de tres folios, podéndose  realizar a man ou
mecanografados.
2- O traballo entregaráselle ao Profesor/a de Lingua Galega do grupo correspondente.
3- O xurado estará formado por profesorado do centro.
4- O prazo de presentación de traballos remata o luns 11 de maio.
5- Establécense os seguintes premios:
 Modalidade A: Primeiro Ciclo de ESO
          - 1º Premio: Camiseta con logotipos ou lemas referidos á cultura galega
          - 2º Premio: Lote de libros
          - 3º Premio: Estoxo para gardar teléfono.
Modalidade B: Segundo Ciclo de ESO
          - 1º Premio: Camiseta con logotipos ou lemas  referidos á cultura galega.
          - 2º Premio: Lote de libros.
          - 3º Premio: Estoxo para gardar teléfono.
0 comentarios