Blogia
C.P.I. Laureano Prieto

AS MOCHILAS VIAXEIRAS

AS MOCHILAS VIAXEIRAS

Durante as dúas avaliacións anteriores estivemos levando a cabo a actividade de "AS MOCHILAS VIAXEIRAS". Dámoslle aos alumnos unha mochila con libros, revistas, DVDs, etc, que eles mesmos elixen. Ademais engadimos un diario, no que pais e alumnos poden facer as críticas e comentarios que lles parezan oportunos.

O noso obxectivo é que pais e alumnos poidan estar xuntos utilizando este material. Ademais cremos que é unha boa maneira de que os pais coñezan a dotación da nosa biblioteca.

Esta actividade, que seguiremos realizando na terceira avaliación, tivo moito éxito, de feito algúns pais están interesados en coñecer máis da biblioteca e incluso en utilizala tamén eles. Para eso solicitaron facerse socios desta. 

1 comentario

Anónimo -

bueno pois paréceme ben